top of page

MANIFESTO POR UNHA EDUCACIÓN SEXUAL PARA TODES.

​

A todas as idades, para todes e para cada unha das persoas, a educación sexual pode ser un abrir xanelas ao campo dos desexos e os praceres. Pode ser un abrir portas que nos axuden a distanciarnos dun modelo social de sexualidade inxusto, estigmatizante, discriminatorio e violento. Pode ser abrir camiños para democratizar a sexualidade, desde unha perspectiva máis xusta, máis horizontal e máis diversa, para habitar mundos nos que todes poidamos gozar dos nosos dereitos, dos nosos corpos e das nosas vidas.

 

Que é o que nos leva a facer este manifesto?

 

Porén as recomendacións internacionais e a diferentes leis no ordenamento xurídico que instan á implantación dunha educación sexual integral, recoñecéndoa como un elemento chave na promoción de relacions positivas, saudábeis e igualitarias, observamos un bloqueo institucional e político para a súa aplicación práctica, que vulnera o dereito das infancias e adolescencias a recibir unha educación sexual integral e de calidade.

​

Nos últimos anos, diferentes formas de fundamentalismos políticos, conectadas coa dereita global e os neofascismos, non cesan de verter discursos terxiversados nos medios de comunicación que poñen en dúbida a débil educación sexual que se imparte nos centros educativos do Estado Español. Para comprender por que puxeron no seu punto de mira a educación sexual, é necesario entender que a educación sexual está intimamente relacionada coa defensa da igualdade, a diversidade sexual e de xénero e os dereitos sexuais, o cal implica que todas as persoa deben poder gozar de todos os dereitos. Por todo isto, e porque sabemos que os dereitos humanos e, especialmente, os dereitos sexuais, hai que defendelos cada día, hoxe lanzamos este manifesto.

 

Que entendemos por educación sexual?

​

- Entendemos por educación sexual aquela que promove os valores baseados no respecto ás persoas e aos seus dereitos.

- Entendemos por educación sexual aquela que incorpora unha mirada crítica fronte ás desigualdades sociais, para axudar a xerar contornas sociais máis igualitarios e máis xustos. 

- Entendemos por educación sexual aquela que permite a xeración de vínculos afectivos respectuosos e igualitarios, así tamén, o autocoñecemento e a identidade persoal.

- Entendemos que a educación sexual desempeña un papel esencial na saúde e no benestar persoal e social.

- Entendemos a educación sexual desde unha perspectiva social, feminista e comunitaria, centrada no pracer, porque, conectadas co pracer, as persoas tomamos mellores decisións sobre as nosas sexualidades, os nosos corpos e as nosas vidas. 

 

Que reivindicamos?

​

Desde a REDE POR UNHA EDUCACIÓN SEXUAL FEMINISTA E COMUNITARIA, esiximos ao Ministerio de Educación e ás administracións autonómicas competentes en materia de educación:

- Que as políticas e accións en educación sexual desenvólvanse desde unha perspectiva feminista, social e comunitaria, apostando pola implicación e participación de toda a comunidade educativa. 

- Que a educación sexual sexa contido obrigatorio, avaliable e incorporado formalmente nas etapas educativas obrigatorias e regulado pola lexislación educativa actual (e as futuras), coa finalidade de garantir o principio de equidade educativa en todo o Estado Español.

- Que se desenvolva un plan de formación rigoroso e sistemático do profesorado para garantir a implementación da educación sexual integral en todas as etapas escolares.

- A mellora das condicións laborais do profesorado, así como, un aumento do investimento en educación para garantir unha escola pública de calidade.

- A mellora das condicións de colaboración e contratación das entidades comunitarias que desenvolven diversas iniciativas, propostas e actividades, tanto no ámbito educativo formal como non formal. 

- Unha educación sexual integral transversal dentro e fóra as aulas, que responda as necesidades de infancias e adolescencias, que acompañe e abra espazos para a adquisición de aprendizaxes, que posibilite ás persoas desenvolver coñecemento, valores e habilidades para a toma das súas propias decisións sobre a sexualidade e o establecemento de vínculos afectivos libres e igualitarios.

​

Por unha educación sexual para todes!

Educación sexual é transformación social!

​

Asina: Rede por unha educación sexual feminista e comunitaria. 

​ABD Asociación Bienestar y Desarrollo, Actuavallès, Artaziak Kooperatiba, Assexora’Tgn, Associació Comunitària Anti Sida de Girona-ACAS, Associació de Serveis i Formació socioeducativa, Associació Enruta’t, Candela. Cooperativa d’acció comunitària i feminista, Comitè 1r de Desembre, Cooperativa Cúrcuma, Creación Positiva, Dessex, Eihera Kooperatiba, ETIS, Euforia. Familias Trans-Aliadas, Fil a l’agulla, Filosa Menorca, Fundació Àmbit Prevenció, Fundació Antisida Lleida, Fundació Autònoma Solidaria UAB, Gracia Trujillo , H2o, Lesbianes, Gais, bisexuals i trans* del Camp de Tarragona, Joves per la igualtat i la solidaritat, Juntura Kooperatiba, L’Associació de Drets sexuals i Reproductius, Nus cooperativa, Otro Tiempo, Proyecto Hortensia, RIXU. Asociación de Educación Sexual y Coeducación de Asturies, Rosa Maria Sanchis i Caudet, Sida Studi, Vira Cooperativa Feminista.

bottom of page